Play aRi[t]mar

Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a EOI de Santiago de Compostela ven de lanzar a aplicación Play aRi[t]mar, na que se reunen músicas e poesías dos diferentes artistas galegos e portugueses que optaron ás últimas edicións dos premios aRi[t]mar.

Preséntase en versión web, polo que pode utilizarse desde calquera dispositivo. Convidámosvos a visitala!!

Proxecto de Edición de Partituras

Bo día a tod@s

Compartímosvos esta ligazón, na que podedes acceder ás partituras de compositores galegos que estiveron a editar o alumnado da materia de Novas Tecnoloxías durante o primeiro trimestre.

O obxectivo deste proxecto é dar visibilidade ao grande, mais descoñecido, patrimonio musical que nos deixaron os autores do século XIX e principios do XX, e facer eses traballos accesibles a todo o mundo.

Aínda existe moito material por descubrir, como nos amosa este artigo, sobre un compositor barroco identificado recentemente, así que animádemos a compartir partituras antigas ou manuscritos dos que poidades ter coñecemento para que poidan ser engadidos á IMSLP nun futuro.