Caligrafías musicais

O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) ben de abrir unha nova liña para divulgar os seus fondos a través da serie “Caligrafías musicais”, na que irá presentando conferencias realizadas por distintos especialistas no eido da musicoloxía, co obxectivo de revalorizar a compositor@s, estilos musicais ou instrumentos que forman parte do noso patrimonio musical.

Realizaranse publicacións con periodicidade bimensual, que poden ser consultadas na seguinte ligazón:
http://consellodacultura.gal/especiais/caligrafias-musicais/

Animámosvos a darlles unha ollada!!

Monográfico Eugenia Osterberger

Este ano organizamos, de novo en colaboración co CMUS de Pontevedra, a segunda edición do proxecto “Aires Galegos”.

Nesta ocasión presentaremos unha selección de pezas da compositora do Rexurdimento, nada en Compostela, Eugenia Osterberger de Saunier, cuxa obra está a ser recuperada nos últimos anos.

Convidámosvos a escoitar o concerto que terá lugar no Auditorio do CMUS de Pontevedra o vindeiro xoves 13, ás 18:00, pero se non podedes asistir, repetiremos programa en Compostela, en data aínda por fixar.